Á VENDA
A noite é gran inspiradora de poetas. Nesta nova obra de Pablo Bouza, Os privilexios dos somnámbulos, o autor atopa ese “aire viciado” onde despregar “a inmensa dimensión das palabras”. “Noite/dáme algo de ti/da túa luz negada”.
A poesía só pode ser honestidade, verdade. Neste vieiro é onde Bouza chega á alma do lector: “Recoñézome nos erros do pasado”, confesa, ou: “Medran hedras nas pedras dos meus lugares”.
Son versos intensos e fondos, que camiñan directos na súa mensaxe. Por este suxestivo libro de poemas transitan tamén as voces, en forma de cita, de autores de referencia do noso escritor, que o van guiando no percorrido poético, como Miguel Anxo Fernán Vello, José Ángel Valente, Espronceda, Ángel González, Rilke, Lois Pereiro, Paul Verlaine ou Carlos Oroza, entre outros.
Esta obra resultou gañadora en 2013 da edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba, un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario