Ás veces hai que vomitar a dor que supón retornar ao pasado. Flaxelarse coa levidade dos recordos e das lembranzas para ter a constancia de estar vivos. Pablo Bouza presenta en Ingrávido signo (Espiral Maior) -premiado na XXXV Edición do Certame Literario do Concello de Vilalba- unha procura polas arestas da morte. Sen embargo, o que de primeiras semella un libro duro e escuro o poemario reflicte, da man do poeta fenés, estalos incesantes de vida.
Ingrávido signo supón o terceiro traballo individual publicado por Pablo Bouza. Anteriormente tirou do prelo In aeternum (Deputación da Coruña) e O home que falaba coas baleas (Concello de Outes). Ten a piques de publicar Na procura do norte (Premio de Poesía 'Conde de Gondomar') en Alvarellos e Espiral Maior publicará, o vindeiro ano, o seu Na intimidade do azougue, premiada na edición deste ano en Vilalba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario